O son do fol. X. Estevez

O son do fol. X. Estevez

Arco Iris Musical

21,50 €
Impuestos incluidos

  Gastos de envío

Los gastos de envío se recalculan al introducir la dirección de destino. Más información.

 

Arco Iris Musical

E o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega que permite adiantar o ensino deste instrumento aos 6 anos en lugar dos 10, que era a idade máis habitual.

Fai xa quince anos que Xaime Estévez, músico, profesor e autor do libro, comezou a dar clases de música a nen@s pequen@s e atopouse cun baleiro en canto a material didáctico. Xa entón tivo a idea de crear un manual de ensino de gaita pensado para @s máis pequen@s, pero non foi ata o ano 2012 cando esa idea se converteu en realidade.

O libro ofrece ao profesorado de centros de ensino obrigatorio e escolas de música unha ferramenta que ata agora non existía para achegar @s nen@s non só o mundo da gaita, senón tamén da cultura tradicional.

O libro é tamén un caderno de actividades e contén un CD de apoio con partituras, audicións e vídeos. A idea pedagóxica orixinal de Estévez complétase co deseño de Ramón Marín que o fai moi atractivo para @s pequen@s.
O repertorio está moi escollido. Trátase de cancións do folclore galego e todas elas pódense cantar  xa que @s nen@s memorizan moi ben as melodías, pedagóxicamente é a mellor maneira de empezar; as partituras son un simple apoio e, ao principio, non hai que darlles maior importancia.

Inclúe tamén actividades, anécdotas, formas de fabricar un instrumento, datos sobre algúns dos músicos populares galegos, adiviñas, cancións e algo de linguaxe musical. "É un manual interdisciplinar, a música é unha das facetas da cultura tradicional. Ata agora as clases @s nen@s dábanse de maneira moi individual pero grazas a este manual pódese traballar tamén en grupo", apunta o autor.

3234
Sin reseñas

¿Podemos ayudarte?