• Nuevo
As que dormen entre o centeo

As que dormen entre o centeo

15,00 €
Impuestos incluidos

  Gastos de envío

Los gastos de envío se recalculan al introducir la dirección de destino. Más información.

 

A Asociación de Gaiteiras Galegas (AGG) ven de publicar un novo traballo que leva por título “As que dormen entre o centeo”, un proxecto pioneiro que busca dar pulo e visibilidade á creatividade das mulleres do ámbito da gaita galega, tradicionalmente moi masculinizado. O libro reúne 32 composicións inéditas de 16 autoras, entre as que atopamos dende nomes consagrados á representación das xeracións máis novas do instrumento e nel mestúranse diferentes estilos e linguaxes en pezas tanto para gaita sola como conxunto de gaitas. Ás partituras engádese un disco que recompila 12 dos temas compostos, e un limiar obra de Pilar Rego.

Coa edición de “As que dormen entre o centeo”, levada a cabo pola Asociación de Gaiteiras Galegas e subvencionado pola Deputación da Coruña, buscamos poñer chanzos cara a normalización das gaiteiras e compositoras para gaita, promovendo un libro-disco protagonizado por músicas unicamente femininas, engadindo outro grao de area na consecución de paliar a falla de publicacións con composicións feitas por mulleres. Aínda que este libro reúne só unha pequena mostra das gaiteiras do país, agardamos que sirva tanto para visualizar o seu potencial creativo como para iniciar un camiño que outras autoras se animen a percorrer, mulleres que loitaron e loitan por facer da gaita un instrumento para todas

Sin reseñas

¿Podemos ayudarte?