A gaita na Terra de Melide. Suso Ascariz
Arco Iris Musical
Los gastos de envío se recalculan al introducir la dirección de destino. Más información.
Arco Iris Musical
Despois de 4 anos de estudo e investigación, temos A gaita na Terra de Melide.
Un percorrido sonoro, literario e fotográfico pola tradición musical dunha comarca, tomando como referencia espacial os concellos de Sobrado dos Monxes, Toques, Melide e Santiso, onde se estuda a evolución da gaita galega nestas terras ao longo do século XX ao tempo que se describe o contexto histórico e os acontecementos máis relevantes que marcaron o devir do instrumento.
E un traballo de investigación construído a través das biografías de gaiteiros e artesáns no que se recollen vivencias e anécdotas contadas en primeira persoa e que nos leva de novo ás eiras, ás casas, ás romarías e a todos aqueles espazos da Terra de Melide nos que se tocaba e nos que a gaita foi adquirindo aos poucos unha función social determinante.
O libro inclúe un repertorio composto por 60 partituras, moitas delas inéditas, e un CD coa gravación das catro muiñeiras da Terra de Melide compostas polo autor.