Tocadoras do Val do Dubra
Los gastos de envío se recalculan al introducir la dirección de destino. Más información.
Val do Dubra é un deses lugares que forman parte do maxín de músicos e investigadores interesados na música tradicional
galega, tanto pola súa riqueza como por ternos deparado temas fundamentais para o imaxinario colectivo
contemporáneo como “Por que non hei de cantare”. Son moitas as persoas que nos últimos corenta anos se achegaron
a realizar gravacións de campo, un proceso que xurdiu, sobre todo, a partir do impulso dado por dúas persoas pioneiras nesa
tarefa: Carlos Rey e José Manuel Iglesias “Chiño”.
En 1992, dez anos despois das primeiras gravacións, os dous investigadores reuniron un grupo de mulleres de distintos
lugares do concello para unha nova recollida. Aquel encontro realizado hai máis de trinta anos deu lugar a uns rexistros de
enorme valor histórico que compilan unha parte fundamental patrimonio oral de Val do Dubra e que, por avatares do destino,
non puideron ver a luz, ficando no caixón do esquecemento...
Até agora.