Cancioneiro de Botóns. Carlos Quintá & Pedro Pascual
Arco Iris Musical
Los gastos de envío se recalculan al introducir la dirección de destino. Más información.
Arco Iris Musical
De Botóns... Esta maneira chámaselle inda hoxe ao acordeón diatónico en moitas zonas de Galicia. Consta dunha selección moi escollida de repertorio tradicional galego e das comarcas limítrofes adaptadas e arranxadas para este instrumento.
Máis de 100 cancións reelaboradas desde un profundo coñecemento musical, procurando que os textos sexan inclusivos e cunha parte antropolóxica moi importante á vez que con certo carácter didáctico.
Engaden os autores, un apéndice de fotografías históricas, na súa meirande parte inéditas, de acordeonistas históricos de Galicia, mulleres e homes, con toda a súa documentación no que atinxe á autoría, ano, fondo, etc; así como unha parte bibliográfica coa orixe e información sobre repertorio.
Despois de 5 anos de elaboración por parte dos autores e unha longa traxectoria dedicada ao traballo de recopilación de fontes orais e escritas, transcribindo o repertorio musical e adaptándoo para acordeón diatónico, así como pondo en práctica todo ese coñecemento mediante a impartición de clases, chega o momento de dar o paso e convertelo nunha publicación con inquietude internacionalista. De Botóns permite o achegamento de melodías galegas a acordeonistas de acordeón diatónico, cromático, piano, etc., e a outros instrumentistas, non so de Galicia e da Península Ibérica senón tamén de Europa e outros continentes.