Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte
Arco Iris Musical
Los gastos de envío se recalculan al introducir la dirección de destino. Más información.
Arco Iris Musical
Libro con CD cun detallado texto sobre a vida e traballo musical de Amadeo Goyanes ameno e curioso para todos os públicos: partituras editadas para os músicos e especialistas da zanfona e un disco compacto no que se encontran inéditos de Amadeo Goyanes. Ademais deses históricos rexistros, graváronse especialmente para esta publicación músicas do seu repertorio e novos temas saídos da factoría da aula de zanfona da Escola Livre da MPG sita en Santiago de Compostela, atendida polo prestixioso zanfonista Óscar Fernández, no que pretende ser unha homenaxe As zanfoneiras de Monforte, a primeira escolanía de Zanfona de Galiza impulsada por Amadeo Goyanes.
Neste acto central de homenaxe a Amadeo no seu centenario non pode faltar a música de zanfona. Será a actuación de dúas destacadas referencias a nivel galego e internacional. Por unha banda o mestre da Escola Livre daMPG, Óscar Fernández acompañado ao acordeón de Carlos Quintá que interpretarán algunhas melodías tradicionais e de autor, con especial atención ao repertorio rescatado do propio Amadeo Goyanes. Para pechar a xornada no que pretende ser unha homenaxe as Zanfoneiras de Monforte convidamos á intérprete feminina máis recoñecida do mundo, a canadense Tobie Miller, virtuosa do instrumento que actuará como solista por primeira vez na Península, presentado o seu último traballo “Journeys”.