Pazos de Merexo, O acordeon diatonico da Costa...

Pazos de Merexo, O acordeon diatonico da Costa da Morte

Arco Iris Musical

21,00 €
Impuestos incluidos

  Gastos de envío

Los gastos de envío se recalculan al introducir la dirección de destino. Más información.

 

Arco Iris Musical

O libro recolle os periplos vitais e as obras do repertorio de Pazos do Merexo, o último maestro do acordeón diatónico de Galiza. O libro conta con abundante documentación gráfica, e unha cuidada presentación, e se presenta ademais cun CD no que podemos escoitar en versión orixinal unha selección de gravacións inéditas de Pazos do Merexo realizadas no últimos vinte anos polos investigadores Olga Kirk e Pablo Díaz. Ademais inclúe unha selección das aparicións de Pazos de Merexo en programas de TVG como Alalá –no que aparece acompañado polo acodeonista Brais Maceiras- ou Luar. Tamén a súa recente colaboración con Kepa Junkera recollida no doble disco Galiza con o que o vasco homenaxeou a música galega. 

Xurxo Souto e Pedro Pascual, os dous autores do libro, son profundos coñecedores da dimensión musical de Pazos e do que supón no contexto da Música Popular Galega como un referente único e inescusábel para as novas xeración de músicos e afeizoados. Ambos teñen compartido inúmeras horas con Pazos tanto en Merexo como en distintos pontos de Galiza e teñen sido destacados divulgadores entre músicos e público tanto da sua figura como do seu repertório e técnica interpretativa.

Na presentación intervirán os autores Xurxo Souto e Pedro Pascual, o editor e director da colección Chave mestra Ramon Pinheiro e o alcalde de Múxía Félix Porto. Como feche está prevista a intervención musical de Pazos de Merexo acompañado de xovens e virtuosos acordeonistas de distintos pontos de Galiza.

A presentación do libro-disco será unha xornada de sincera homenaxe ao maxisterio de Pazos de Merexo da nova xeración de acordeonistas que siguen o seu ronsel. Novos interpretes de acordeón diatónico de distintos pontos de Galicia como Vigo, Coruña, Compostela ou Bergantiños se achegarán a Muxía para compartir este día grande co protagonista do libro.

LISOU001
Sin reseñas

Los clientes que adquirieron este producto también compraron:

Los clientes que adquirieron este producto también compraron:

¿Podemos ayudarte?