Mulleres de Gargamala!. Tocadoras de tradición oral
0Arco Iris Musical
Los gastos de envío se recalculan al introducir la dirección de destino. Más información.
AGOTADO
124 páxinas. CD con 44 trillas
Se Mondariz é sinónimo de pandeireteiras en Galiza, Gargamala é unha das súas capitais indiscutibles. As mulleres e homes desta parroquia souberon manter un enorme repertorio de cantigas bailables para o serán acompañadas da pandeireta e da gaita, entre bailes soltos e agarrados. Pero non só.
Conservan ademais un bo número de cantares a capela, do ciclo da vida coma xogos ou arrolos; ou do ciclo do ano coma cantares de Reis ou das labores do agro.
Dentro destes inclúense tamén os pertencentes ao ritual da Aña, correspondente ao tempo das labradas, e onde cantan ao son que marca a propia ferramenta de traballo (o leghón) batida cunha pedra.
Este libro contén fotografías a cor, textos para entender o contexto no que se devolven estas prácticas musicais, partituras e un CD con pezas de diferentes arquivos sonoros e gravacións novas feitas á última xeración de cantadeiras de Gargamala.